Venres. 19.04.2024
El tiempo

Don Caietano vivirá en Laxe un Entroido espectacular

Don Caietano vivirá en Laxe un Entroido espectacular
A semana pasada tiña lugar unha reunión entre a Concellería de Cultura e Benestar Social do Concello de Laxe, e as asociacións, para comezar man a man coa organización do Entroido deste ano 2011. Ata 23 persoas sumaron na reunión entre representantes do Concello de Laxe e do tecido asociativo, que serán as se encarguen, conxuntamente, do desenvolvemento do Entroido.

Festa con Don Caietano

Durante a semana que vén, abrirán o prazo de inscrición de comparsas para a celebración dos días do Entroido que, este ano, celebraremos os domingos 6 e 13 de marzo. Un ano máis, a celebración do Entroido xirará, coma xa non podería ser doutro xeito, ao redor da figura do Caietano. Así:
  • O domingo 6 de marzo diante da Casa do Concello de Laxe, comezará ás 16:00h a Festa co coñecido “Nomeamento coma Alcalde do Caietano”, ilustre personaxe laxense que un ano máis, durante ese día será proclamado alcalde por aclamación popular de cara a ser liberado dos seus pecados.
  • Con motivo de celebrar o seu nomeamento realizarase a continuación un pasarrúas por toda a vila de Laxe, no que as diferentes comparsas creadas tanto polas asociacións coma polos restantes veciños e veciñas do concello, dinamizarán ao seu paso aclamando ao Caietano.
  • Contra a tardiña, na Praza dos Voluntarios, tras as actuacións dalgunhas das comparsas que se constitúan, sempre baixo o ton de humor propio destas datas, realizaráselle ao Caietano un xuízo sumarísimo, polas súas faltas e pecados, no que se lle condenará a pena de morte.

Música

Non faltará tampouco a festa e a música en directo.
  • O domingo 13 de marzo, executarase a sentenza do xuízo. A capela ardente do finado Caietano finado situarase diante da Casa do Concello, e pola tarde, oficiaráselle a misa na honra da súa alma, onde se poderá acompañar as súas numerosas viúivas. Posteriormente, tras o acompañamento do corpo, queimarase ao defunto ao carón do muelle vello, rematando a xornada con baile, como non podía ser doutro xeito. Nesta ocasión, amenizarán a velada os Grupos Locais Abbey Road e o Tren da Unha Show celebrando á volta á normalidade da vila tras a condea recaída sobre o Caietano.
E xa coñecedes  a historia completa de Caietano?

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Laxe.

Comentarios