Luns. 14.10.2024
El tiempo

Doqui volveu a Laxe

Doque lobo marino Laxe 2021
Doqui volveu a Laxe

Situación verdadeiramente singular a vivida esta fin de semana na praia de Laxe. Un lobo mariño subía ata o areal, aparentemente para descansar. As xentes miraban con curiosidade, sen ser conscientes de que se trata un vello coñecido.

”Doqui” foi localizado en Traba, Laxe, en maio de 2020, dende aquela subiu pola costa galeta ata Asturias. A última vez que se avistou foi o pasado 6 de xuño en Puerto de Vega, polo que puido ter feito 300 km en apenas 24 días para chegar a Laxe, facendo unha media mínima duns 12 km ao día.

”Doqui marcou un fito dado que é o primeiro lobo mariño que comprobamos que pasara todo o ano pola nosa costa”, analiza a CEMMA.

Recomendacións

Dende a CEMMA reiteran os consellos ante a presencia destes animais: “compre ter respeto cara a súa presenza, deixarlle a máxima tranquilidade, non achegarse a ela e non divulgar a súa situación exacta para evitar un efecto chamada. Disfrutade da sorte que temos da súa presenza dende unha distancia prudencial. “Doqui” é un lobo mariño cincento que dende maio do ano pasado percorreu toda a costa norte de Galicia e parte de Asturias. Dende un primeiro momento valorouse que tiña un bo estado de saúde, e aínda que frecuenta praias ou portos onde pode atopar persoas, ata o momento non foi necesario actuar sobre ela. Ante calquera problema podedes contactar coa rede de varamentos no 686989008 ou a través do 112.

Doque lobo marino Laxe 2021 3Doque lobo marino Laxe 2021 2

Comentarios