Sábado. 24.10.2020
El tiempo

Emoción na lembranza dos mariñeiros do Naufraxio de Laxe

Emoción na lembranza dos mariñeiros do Naufraxio de Laxe
Estampas Naufraxio de Laxe-Fotos-Hotel Playa de Laxe Estampas Naufraxio de Laxe-Fotos-Hotel Playa de Laxe

Unha das 9 Festas de Interese Turístico Galego da Costa da Morte dase en Laxe cada 17 de agosto. Este pasado luns a vila bergantiñá disfrutou dunha das representacións máis sentidas do verán, ese Naufraxio de Laxe que tan ben representa a traxedia intrínseca da vida no mar. Unha representación que chegaba para pechar unhas grandes festas onde, xa saben, #Haiquestar.

Centos de persoas ateigaron o peirao laxense, para comprobar o sentemento que desprende esta festa. Chegados de Coruña, toda Galicia e Asturias, os visitantes vén como o corazón dos veciños está encollido durante este rato do simulacro, porque todos, absolutamente todos, tiveron algunha historia cercana relacionada co naufraxio. As bágoas fano patente.

A TVG falaba co propio Avelino Lema, o creador do simulacro despois de sufrir 3 naufraxios, dos de verdade, e traer unha festa que descubriu no Perú hai 53 anos. E o facían xusto antes de que a Virxe do Carme aparecese no porto, arredor da 13:00h. Aí cando os mariñeiros caen da sua chalana, e un “perde a vida”. Neste caso era sobriño de dous mariñeiros que perderon a vida non hai moito, polo que a emotividade foi aínda máis grande.

Os compañeiros, cansos poo esforzo de salvar a vida, rescatan o seu corpo e o levan aos pés da Virxe do Carme, e aí é cando se obra a milagre, e ante a alegría total, o mariñeiro volve respirar. O Salve Marinera serve para dar as gracias á patroa do mar.

Naufraxio de Laxe-Foto-Maria Calvo Momento no Naufraxio de laxe-Foto.Maria Calvo A Virxe do Carme no Naufraxio de Laxe 2015-Foto-Maria Calvo

Aquí vos deixamos cunha pequena secuencia do Naufraxio dende un barquiño, da man de José Manuel Pato:

Unha documental do Naufraxio

O naufraxio foi instaurado en 1962 por un mariñeiro de Laxe, Avelino Lema Santos, que sobreviviu a tres naufraxios. Un Avelino que trouxo esta tradición dunha pequena vila de Perú, onde emigrara, onde aínda se practica esta fermosa e simbólica tradición. Mandeo Records fixo unha fermosa documental hai varios anos que aínda está moi vixente:

Novas relacionadas

Fonte

comentarios