Venres. 19.04.2024
El tiempo

Empresas de toda Galicia danse cita no showroom da Torre de Laxe

Empresas de toda Galicia danse cita no showroom da Torre de Laxe
showroom-torre-laxe-boda O salón de celebracións da Torre de Laxe está rodeado dunha finca de 13.000m2 cunhas impresionantes vistas da ría de Corme e Laxe O próximo domingo, día 22, A Torre de Laxe abre as súas portas. Pero non o fará como o fai habitualmente. Por primeira vez, o complexo - que xa é todo un referente na Costa da Morte en canto á celebración de vodas - acolle un showroom no que participan varias empresas de distintos sectores ainda que todas vinculadas á organización de vodas ou outros banquetes deste tipo. Nun marco incomparable, mostrarán as últimas tendencias para que en ningunha celebración non falte detalle. Estarán empresas especializadas en vodas no eido da fotografía, música, moda, decoración e incluso empresas que organizan unha boda dende o 1º ate o último momento. E, por suposto, haberá degustación de pinchos para que os futuros noivos poidan probar as últimas novidades no mundo da cociña. A esta xornada de portas abertas pode asistir todo aquel que teña en mente casarse como ao que nin se lle pase pola cabeza. O showroom será de 10:30 a 19:00 horas de forma ininterrumpida e o acceso é gratuito. "Agardamos que a iniciativa teña éxito", sinala Carmen Pose, xerente de A Torre de Laxe. hotel-rustico-torre-laxe A Torre de Laxe dispón dun hotel rústico de 3* con sete habitacións Ademais do propio espacio para a celebración de vodas ou outros eventos, a oferta da Torre de Laxe complétase cun hotel rústico cargado de detalles que o convirten nun lugar con moito encanto.    

Novas relacionadas

Fonte

  • Reportaxe.

Comentarios