En Laxe esixen moito mais que a dragaxe do porto
O temporal no mar sufrido o Luns de Carnaval volveu ser unha evidencia, de que o problema do porto e a praia de Laxe, lonxe de solucionarse, estase agravando. Os veciños e veciñas de Laxe acoden ao Concello a diario a queixarse ao contemplar como a praia deteriórase. As dunas, xa non son dunas, son montañas que acumulan maleza. O Porto cada día máis perigoso, os mariñeiros téñense que refuxiar en Camariñas, o cal conlleva un custo de desprazamento. A area provoca constantes problemas no alcantarillado, sumidoiro, invasión do paseo marítimo…
Por iso, dende o Concello e a Confraría non consideran suficiente a dragaxe anunciada onte como solución. ”Para nós esa é unha medida provisional, un parche que non é nin moito menos a solución a este problema”, sinalan dende o Concello. “O primeiro paso para unha posible solución sería a derriba dos 70 m de peirao comercial, un peirao que cambiou as correntes e que causou esta situación.”
Cada vez que hai mareas vivas hai despefectos no porto de Laxe-Foto-OjenDenuncian a deixadez da Xunta para co Concello laxense, e piden que se tomen en serio o problema. “Que se establezan datas: os estudos están realizados, os informes técnicos e proxectos. Estas datas han de marcar o camiño cara a unha solución definitiva, e non responder a estratexias electorais que busquen tapar bocas e dar a sensación de que se está facendo algo. A estas alturas coñécese en profundidade o problema e o primeiro paso do camiño á solución. Nun período de tempo o máis curto posible, sen seguir malgastando diñeiro en actuacións que non levan a ningunha solución definitiva e que dabondo está verificado que só supoñen un custo inútil de diñeiro, mantendo a situación igual que como estaba, e obrigándonos a mirar con resignación como nosa fermosa praia desaparece”, apunta o alcalce.
Novas relacionadas
- 10-02-16: Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe.
- Setembro 2015: O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 19-08-14: Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe.
- 29-08-14: Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- 06-02-14: O Parlamento rexeita ataxar os problemas do porto de Laxe.
- 13-11-13: A area non quere marchar do paseo marítimo de Laxe.
- 14-06-13: O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos:
- 26-10-12: Solución temporal ao problema da area de Laxe.
- 20-06-12: Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe.
- 04-06-12: Novas melloras do Porto de Laxe sen novas do problema dos áridos.
- 04-04-12: O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 03-03-12: O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa.
- 06-02-11: O BNG de Laxe propón unha mobilización cidadá polo problema cos áridos coa Confraría á fronte.
- 24-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).