Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa

11:25 11/09/17

Unha obra unánime e prometida
Poucas obras acollen tanta unanimidade como a do porto de Laxe. En febreiro volvían unirse confrarías, veciños e o Concello para esixir a Xunta a posta en marcha do proxecto. Un proxecto ambicioso, que custaría da orde de 40 millóns de euros (2 para o dragado e 38 para derrubar o dique actual e construír o novo). Pero o proxecto, que debería estar en marcha na pasada primavera de 2016, segue estancado por culpa do Estudo de Impacto Ambiental. A última pedra, un posible punto de vertido e a posible afección aos barcos do arrastre, que mantén no mesmo punto que hai dous anos este paso necesario para comezar unha obra prometida e comprometida. I é que a propia Xunta ten recoñecido que a obra do dique creou un “cambio de dinámica litoral grave”, polo cal sabe que ao ser Portos o responsable, está obrigado a repoñelo e pagalo. “40 son moitos millóns e sabemos que non se vai realizar de hoxe para mañá, por iso dende o Concello só pedimos un compromiso de 5 millóns ao ano durante os vindeiros 8 anos”, explican. ”É un tema de vontade política, non de pasta, porque seguir seguen metendo millóns de euros en portos deportivos…” lamenta o concelleiro do BNG, Xosé Manuel Pose (que comparte goberno co PSOE dende o novembro pasado). “Se algún día o PP perde a Xunta e o BNG ten responsabilidades de goberno e non se acomete esta obra eu non seguirei en política local”, promete.A dragaxe, “unha tirita”
En Laxe saben que a dragaxe da zona do porto “é unha tirita para un tumor maligno”. Un tumor que leva provocando o movemento das dunas de Laxe cara o centro da vila, provocando un cambio da fachada laxense tremendo. Un tumor que convertiu o porto de Laxe, que antano servía de abrigo para embarcacións de toda a zona, nun porto deserto cando hai temporais.Máis facilidades para os proxectos eólicos e mineiros

Novas sobre o Parque Eólico de Laxe
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Novas sobre a dragaxe de Laxe
- Febreiro 2017: Confraría e grupos municipais volven unirse para solicitar a dragaxe do porto de Laxe.
- 01-02-2017: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
- Decembro 2017: A eterna parálise das obras de mellora do porto de Laxe volven atascarse no Parlamento.
- Xullo 2016: Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia.
- Xuño 2016: O porto de Laxe, o punto incómodo entre os grupos municipais.
- Febreiro 2016: Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe.
- Setembro 2015: O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 19-08-14: Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe.
- 29-08-14: Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- 06-02-14: O Parlamento rexeita ataxar os problemas do porto de Laxe.
- 13-11-13: A area non quere marchar do paseo marítimo de Laxe.
- 14-06-13: O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos:
- 26-10-12: Solución temporal ao problema da area de Laxe.
- 20-06-12: Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe.
- 04-06-12: Novas melloras do Porto de Laxe sen novas do problema dos áridos.
- 04-04-12: O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 03-03-12: O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa.
- 06-02-11: O BNG de Laxe propón unha mobilización cidadá polo problema cos áridos coa Confraría á fronte.
- 24-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).