A Escola de Música de Serantes pechou o curso coa súa esperada gala de Clausura

12:07 17/06/24
Este sábado 15 de xuño o local da veciñanza de Serantes (Laxe), acolleu a sempre esperada Clausura dos cursos da escola de música para nen@s e adultos (solfexo, piano e acordeón).
Houbo demostracións do aprendido ó longo do curso co mestre Antonio Castro.
Ao rematar, as/os asistentes disfrutaron dun pincho final.