A Escola de Música de Serantes pechou o curso cunha homenaxe a Jacinto Paredes
12:14 01/07/19
Moito mérito ten a Asociación de Veciños de Serantes, mantendo viva toda unha escola de Música. Este pasado sábado 29 de xuño, o local dos veciños da parroquia laxeira, acollía unha nova Clausura dos cursos da escola de música para nen@s e adultos (solfeo, piano e acordeón).
As alumnas e alumnos amosaron o aprendido ó longo do curso co mestre de Laxe Antonio Castro e contaron tamén coas actuacións especiais do ex alumno Sindo Dourado e de Jacinto Paredes, anterior mestre e fundador da escola de música que recibiu ademais unha placa de homenaxe por todos estes anos en Serantes.
Ao rematar, alumnado e profesorado disfrutaron duns petiscos e unha amena charla.