Domingo. 18.04.2021
El tiempo

Costa da Morte

A historia da Costa da Morte nun documental coas imaxes do Arquivo Vidal e o fondo de Ramón Caamaño

As fotografías do Arquivo Vidal e o fondo de Ramón Caamaño, dos dous tesouros patrimoniais máis importantes da Costa da Morte, son as coprotagonistas da nova documental que Visual Labs vén de publicar para o Fondo de Proxectos culturais Xacobeo 2021.

As outras protagonistas son as Gloria Suárez Amigo (Malpica), Carmen Riveiro (Carreira, Zas), Carmen Tajes Carril (Xaviña, Camariñas), María Nieves Pérez Lema (Carnés, Vimianzo), Conchita Regueira Pardiñas (Camelle, Camariñas), Lourdes Lema Insua (Devesa, VImianzo), María da Barca Suárez Casal (Camelle, Camarñas), Carmen Arán Jallas (Os Pasantes, Muxía), María del Carmen Correa Amado (Laxe), Florinda Ferreiro Fariña (Carreira, Zas), Concha Blanco (Lires, Cee), Dolores Ameijeiras Arjomil, Mari Carmen Lema (Laxe), Trini Antelo Pazos (Os Muíños, Muxía) e Paulina Josefa Pose Lema (Laxe).

Elas relatan, acompañadas polas estampas dos dous históricos fotógrafos, a historia da primeira metade do século XX na Costa da Morte. Son 50 minutos de recordos, vivenzas, relatos… tanto da costa, como do interior da nosa comarca.

Novas relacionadas

A historia da Costa da Morte nun documental coas imaxes do Arquivo Vidal e o fondo de Ramón Caamaño