As familias de Laxe mobilízanse contra os recortes no CPIP Cabo da Area
Falabamos onte dos novos recortes da Xunta de cara ao ano que vén. Un dos centros que os van sufrir é o CPIP Cabo da Area de Laxe, que como denunciaba o BNG, quedou sen praza de mestre de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT) necesarias para atender ás súas crianzas debidamente.
Por iso, as familias das nenas e nenos con necesidades educativas especiais do centro, convocan unha concentración protesta o sábado 31 ás 12 da mañá na praza dos Voluntarios para facer forza na súa petición.
As familias lamentan a falta de adxudicación dun auxiliar. pese a que dita vacante foi solicitada previamente polo centro educativo, tendo en conta que o centro contou con profesorado especialista en AL compartido con outros centros e durante o curso 2023-2024, foille asignada unha vacante completa, tras valorar as múltiples necesidades específicas de apoio educativo do alumnado do centro.
Polo tanto, as familias afectadas non entende a situación e vense “na obriga de realizar unha reclamación á Xefatura Territorial, xa que no CPI Plurilingüe Cabo da Area, hai un 20% de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. A maioría destes/as estudantes conta con diagnósticos procedentes de especialistas da sanidade pública, derivacións específicas de Atención Temperá (U.D.I.A.F.) e diversos graos de discapacidade recoñecidos”.
Esixen así un docente especialista en Audición e Linguaxe a tempo completo, así como dun mestre/a especialista en Pedagoxía Terapéutica que si foi asignado ao CPI Plurilingüe Cabo da Area na Resolución definitiva do CADP, ademais dos servizos complementarios derivados da iniciativa PROA+, tal e como viña sucedendo nos cursos anteriores. “Sen obviar, que nos informes de orientación e debido ao incremento no número de diagnósticos do curso pasado, precisaríase unha segunda especialista en PT para as etapas de educación infantil e primaria como mínimo, co fin de proporcionar unha atención de calidade ao alumnado NEE”, explican.
Unha situación que se dá ademais paralela ao cambio continuo de profesorado, porque os que chegan fano sen destino fixo.
”Sabemos que o noso centro non é un caso puntual e que xa máis centros fixeron as suas queixas na prensa, tamén varias asociacións veñen queixándose (dando voz as familias) da precariedade da ensinanza de cara este alumnado. As familias vémonos na obriga de estar ano tras ano moi pendientes de que os nosos/as fillos/as teñan os recursos que precisan, sin embargo parece que a administración pretende poñer máis trabas que recursos”, denuncian nun comunicado.
”Estamos dispostos a facer todo o necesario para que os nosos/as fillos/as teñan a atención que se merecen e non se pisen os seus dereitos”; de aí que se estean a realizar varias accións como a reclamación á Xafatua Territorial para que cubra as devanditas prazas, a recollida de firmas, que xa levan varios centos delas, así como presentar unha iniciativa parlamentaria levada polo BNG comarcal.