As Escolas Unitarias de Traba e Tal de Abaixo botan o peche
Xa o ano pasado pechaban as escolas unitarias de Torrelaxóns, en Laxe, e a de Carnés, en Vimianzo. Este vindeiro curso, a Xunta continúa desmantelando a rede de pequenas escolas que seguen facendo do ensino rural a vangarda do sistema educativo. Pero como prima o económico sobre a calidade educativa, a Xunta non ten reparos en seguir aplicando recortes.
Así, entre os 6 centros educativos que non abrirán as portas este setembro, lamentablemente temos dúas na comarca: a Escola Unitaria de Traba de Laxe, e a Escola Unitaria de Tal de Abaixo, en Muros.
Dase a circunstancia ademais que o estado da Unitaria de Laxe era moi cativo, e que durante os cursos pasados
Ademais, este ano entra en vigor a nova lei que permitirá facer baixar o ratio das aulas, unha petición realizada dende as comunidade educativas pero que a día de hoxe é tomada como unha trampa, ao deixar moitos nenos.
Os que máis sofren, segundo denunciaba a Federacións de ANPAS da Costa da Morte na Radio Nordés, son os nenxs con Necesidades Especiais, porque a cantidade de apoios de Auxiliar de Linguaxe (AL) ou o especialista en Pedagoxía Terapéutica cae en picado, como lle vai acontecer ao CEIP Areouta.
Tamçén en Laxe, denuncia o BNG que a Xunta deixa sen docente especialista en Audición e Linguaxe (AL) o Centro Público Integrado Cabo da Area de Laxe. "A decisión da Consellería de Educación de non asignar ese especialista en AL ao centro de Laxe é difícil de entender se temos en conta que no Cabo da Area de Laxe hai a día de hoxe un 20% de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo", lamenta o BNG.