Vimianzo e Laxe abren á veciñanza a xestión dos Penedos de Traba e Pasarela
Pasou un ano dende a publicación, con 15 anos de retraso, do Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela. E son os Concellos, os de Vimianzo e Laxe, os que moven ficha preparando un proxecto compartido co obxectivo de elaborar un plan estratéxico para a posta en valor dos Penedos de Traba e Pasarela, un espazo natural de gran singularidade e valor paisaxística que une ambos municipios.
Os concellos contrataron os servizos dunha consultora especializada que desenvolve un traballo no que se integra a participación cidadá á hora de trasladar ideas e inquedanzas. Neste proceso de co-creación xa houbo encontros con profesionais do sector turístico e hostaleiro tanto de Vimianzo coma de Laxe, achegando ideas e necesidades baseadas na súa experiencia.
Os xoves 13 (ás 20:00h na Casa da Cultura de Vimianzo) e ventes 14 (en Laxe, ás 20:00h no Local Social de Traba) o traballo continúa co protagonismo da veciñanza e do tecido asociativo local, cuxa participación será esencial no deseño da estratexia. Como punto de partida, convocouse unha xuntanza informativa e participativa na que se presentarán as liñas mestras do plan e se abrirá un espazo de diálogo para recoller ideas, propostas e suxestións da cidadanía, especialmente dos veciños de Pasarela e de Traba.
Segundo destacou a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, “este proxecto é unha oportunidade para traballar da man coa veciñanza na protección e promoción dun dos nosos enclaves máis singulares, converténdoo nun símbolo de identidade e nun recurso de futuro sostible”.
Pola súa banda, Francisco Charlín, alcalde de Laxe, destacou que este traballo “é un exercicio que impulsa un sentimento común de orguio de pertenza, facendo que todos participemos do privilexio e a responsabilidade de contar cun espazo singular coma Os Penedos. Entendemos que Laxe e Vimianzo debemos ir da man e ser proactivos á hora de colaborar con institucións superiores".
A iniciativa busca afondar e dar pasos na potenciación deste espazo natural, especialmente tras o interese manifestado por entidades como a Xunta ou a Deputación da Coruña.
MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS
- Novembro 24: 15 anos despois, os Penedos de Traba e Pasarela estrean o Plan de Xestión
- Novembro 23: Contramínate ofrece alegacións para mellorar o Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Outubro 23: O SEMESCOM critica o eterno retraso na posta en marcha do Plan de Protección dos Penedos de Traba e Pasarela.
- 09-10-2023: Someten a información pública o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Propostas para un comezo ordenado do Parque do Megalitismo.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- 18-11-22: O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote
