Xoves. 05.08.2021
El tiempo

Finde deportiva en Laxe: Dous Campionatos de Salvamento e LNB de Billarda

Campionatos en Laxe
Finde deportiva en Laxe: Dous Campionatos de Salvamento e LNB de Billarda

Volve a actividade deportiva a Laxe, con dous singulares eventos que farán que sexa [email protected] @s deportistas que nos visiten, e que, de seguro, queiran volver como turistas.

Campionato Galego de Salvamento

Laxe será a capital estatal do salvamento. Dende este xoves 17, e ata o 20 de xullo, o areal acolle o Campionato de España Infantil e Cadete de Verán.

Ademais, o sábado e domingo, a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e o organiza dúas probas máis: o Campionato Galego de Augas Abertas Alevin, Infantil e Cadete, sábado e o Campionato Galego de Augas Abertas Xuvenil e Júnior.


Imaxe dun campionato de Salvamento en Laxe en 2017

Liga Internacional de Billarda

Volve a billarda á praia de Laxe, onde xa celebrou ata 8 probas, das que destacamos as de 2017 e de 2015.

A cita será este domingo 20 de xuño, de 11.00 a 14.00 horas, desta volta no Campo Municipal de Fúltbol Cabo da Area Rogelio Martínez.
Para poder participar no campionato, é necesario inscribirse previamente. No caso de ter interese en participar, as persoas interesadas deben poñerse en contacto co Departamento de Cultura do Concello, chamando ó teléfono do Concello ou enviándonos por email a [email protected] o seu nome, apelidos, DNI, ano de nacemento e teléfono de contacto.


Imaxe dun campionato da LNB celebrada en Laxe en 2015

Historia da LNB

Esta aventura chamada Liga Nacional de Billarda ten a súa orixe na Mariña de Lugo e na mente dun grupo de persoas que devecían por recuperar a práctica da billarda.
Esta actividade física, lúdica, cultural e deportiva tivo tamaño arraigo en Galicia que a converteu nun dos xogos máis populares, coñecidos e practicados durante séculos. A comezos do século XXI, a billarda non se practicaba e só en festividades ou acontecementos sinalados podíase ver voar este artefacto de madeira.
Pois ben, no 2003 comezou a recuperación coa celebración dos primeiros Torneos Abertos de Billarda na Mariña. Pasados dous anos, no 2005, constituíuse a ACD O Varal para dar soporte xurídico a aquela fantástica idea de crear a LNB como ferramenta e estrutura para fomentar e favorecer a práctica deste deporte tradicional.
A día de hoxe, a LNB está cumprindo a obxectivo que aqueles pioneiros e pioneiras da Mariña luguesa imaxinaron, a de normalizar a practica da billarda entre todas as galegas e todos os galegos de calquera idade e condición. A modalidade de billarda da LNB practícase en todas as provincias galegas e a visibilidade que esta liga lle deu sacou a billarda da memoria dos nosos antepasados para levala de novo ás zonas de ocio e recreo do noso país.A LNB está organizada en 3 Conferencias: Norleste, Noroeste e Rías Baixas. Cada Conferencia disputa un numero de xornadas anuais. É unha liga Aberta, calquera pode incorporarse en calquera momento da temporada. Ao final da temporada celébrase a FinaLNB. Participan nesta final aquelas persoas que se clasificaron pola súa Conferencia respectiva.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios