A Garda Civil sorprende en plena faena e detén a un “camello” en Laxe

10:42 13/11/19
A Garda Civil de Laxe detivo esta semana a un veciño de Carballo como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Os axentes cazaron ao suposto “camello” cando, sentado no seu coche, entregaba un pequeno envoltorio a outra persoa que se atopaba apoiada na ventanilla do acompañante. Tardou en reaccionar o detido, e escondeu o envoltorio debaixo do asento, pero os axentes procederon a inspeccionar o vehículo.
Os obxectos agochados eran un monedero e unha billetera, que contiñan 26 dosis de sustancia marrón (posiblemente heroína), 18 dosis de sustancia branca (posiblemente cocaína) e 730€ en moeda fraccionada.
O detido foi posto a disposición xudicial.