Luns. 29.04.2024
El tiempo

O goberno de Laxe rexeita unha moción de UP para reordenar o tráfico pero asegura que afrontará o problema do caos

Aparcamento en Laxe
O aparcamento en verán en Laxe é un auténtico caos
O goberno de Laxe rexeita unha moción de UP para reordenar o tráfico pero asegura que afrontará o problema do caos

Anos leva a vila de Laxe sufrindo un verdadeiro caos de tráfico durante os meses de verán. Así o teñen denunciando en inumerables ocasións os grupos de BNG e Unidas Podemos, algo que o grupo de goberno pareceu entender finalmente a pesar de votar en contra dunha moción relativa ao mesmo presentada desta volta por UP.

Todo nun pleno celebrado este xoves 28 de setembro, no que se viron os dous bloques formados (PP por un lado, e PSOE, BNG e Unidas Podemos polo outro), no que o voto de calidade do alcalde decidiu a aprobación ou denegación da meirande parte das 12 mocións presentadas (1 polo PP, 3 polo BNG, 4 polo PSOE e outras 4 por UP).

A máis importante da sesión, presentada por UP, era “a creación dunha comisión especial para a elaboración dun Plan Integral de ordenamento do tráfico rodado”. A moción foi rexeitada cos votos en contra do PP, e a abstención de BNG e PSOE, pero o rexedor quixo subliñar que “estamos a traballar para que todos os voceiros das diferentes agrupacións municipais da corporación poidamos manter unha reunión cunha empresa técnica para reordenar o tráfico de todo o municipio, comezando polo núcleo urbano, que é o máis afectado, sobre todo na época estival”.

Outras mocións

En clave económica, o goberno local aprobou os levantamento do reparo da relación de facturas e a aprobación do expediente de modificación de crédito para créditos extraordinarios con cargo ao remanente líquido de Tesourería para gastos xerais cos votos favorables de PP e BNG, a abstención de PSOE e a negativa de Unidas Podemos.

Unha das mocións do BNG era para abrir un proceso de consulta á veciñanza para decidir o uso da Escola Unitaria Torrexallóns foi rexeitada despois do valor do voto de calidade por parte do alcalde, tras o empate nas votacións (en contra Partido Popular, a favor BNG, PSOE e Unidas Podemos). O alcalde popular deixou caer que “xa se está a falar cunha asociación de veciños de recente constitución para que usen ese local”.

Tampouco se aprobou outra moción do BNG para solicitar á Axencia de Turismo de Galicia a ncorporación de datos do Concello laxense na información sobre o Xeodestino Costa da Morte. O PP intentou explicar a súa negativa cunha desas explicacións estrambóticas: “Nós apoiaríamos esta moción sempre que se incluíse unha enmenda para que esa modificación se levase a cabo por técnicos municipais, apoiada por documentación gráfica, que son os que gozan dos coñecementos necesarios para facer eses apuntamentos, non só os que quere realizar a oposición, neste caso o BNG”.

A última moción do BNG, que vebe directamente dunha demanda veciñal, era para a sinatura dun convenio con XEA (Xestión Ética do Abandono) quedou sobre a mesa tras acordar manter unha reunión coa asociación, co fin de asinar un convenio nos vindeiros meses co obxectivo de obter unha solución á problemática dos animais perdidos. Segundo a concelleira Cristina Vázquez, as aportacións do BNG foron recibidas de xeito positivo e con compromiso de cumplir polo equipo municipal, pese ao sentido do voto, “é coa sensación positiva coa que saímos do pleno, e ver que o traballo para ir mellorando a vida no noso concello, vai dando os seus froitos, ainda que seguiremos controlando e observando ao goberno municipal, como as nosas votantes queren”.

O PSOE presentou un total de 4 mocións, das cales unha xa se votou a súa retirada antes de elevar a súa discusión. A proposta contra a explotación sexual de mulleres e nenas foi aprobada cos votos a favor do BNG, PSOE e UP, coa abstención do PP; e as mocións de defensa do servizo básico e esencial da educación pública e para a convivencia en Cataluña foron rexeitadas despois dos votos favorables de BNG, PSOE e UP, cos votos en contra do PP, exercendo o voto de calidade do Alcalde popular.

Outras dúas mocións de UP quedaron sobre a mesa, que foron as da inclusión de áreas de rehabilitación integral de distintas zonas do Concello e a da adhesión do Concello de Laxe á APLU.

Todos os grupos votaron favorablemente á proposta para convocar unha praza de bibliotecario.

Noutra orde de cousas, o PP sacou en solitario e gracias ao voto de calidade do alcalde (votaron en contra BNG, PSOE e Podemos) unha moción común en todos os Concellos en clave estatal contra a tramitación dunha Lei de Amnistía.

Rogos e preguntas

Para o BNG "foi sorprendente que na parte final do pleno, o equipo de goberno non aportase as respostas ás 12 preguntas que o BNG lle realizou no pleno anterior e que quedaron adiadas para o pleno de setembro. Preguntas relacionadas con temas tan importantes para a veciñanza como a reposición dos colectores de lixo da Braña e parroquia de Soesto, sobre as obras de reparación da fosa séptica do CPIP Cabo da Area ou sobre as deficiencias en varias obras viarias realizadas nos pasados meses". Segundo Xosé Manuel Pose, voceiro do grupo municipal, “é soprendente que na súa segunda lexislatura, o equipo de goberno non presente respostas á preguntas dos grupos municipais, nin cumpla coa entrega de informes técnicos mencionada na anterior sesión”.

Comentarios