Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Hostal Bahía de Laxe, entre o 1% dos hoteis mellor valorados do mundo en Tripadvisor

Placa de agradecimento a Manolo Sacedon do Hostal Bahia de Laxe
Placa de agradecimento a Manolo Sacedon do Hostal Bahia de Laxe, chegado dende Talavera de la Reina
O Hostal Bahía de Laxe, entre o 1% dos hoteis mellor valorados do mundo en Tripadvisor

Estar entre o 1% dos hoteis mellor valorados do mundo non é doado. Pero son moitos anos atendendo con especial mimo a todos os seus clientes. Moitos anos os que leva Manolo Sacedón, do Hostal Bahía de Laxe, apostando pola promoción online, pola creación de contidos turísticos da comarca, e como dicimos, por acompañar aos viaxeiros e guialos coma se dunha oficina de información turística se tratase.

Con 4,5 de valoración entre os clientes (máis do 75% califican o servizo de “excelente), o Hostal Bahía ocupa 2º de Galicia, 11º posto de toda España en relación calidade prezo. Xa en 2013 recibíu o premios Traverllers Choice Hoteles, que repite neste 2020.

Non é que este fose un bo ano, evidentemente, pero Manolo vai relativamente satisfeito co que leva traballado ata agora. “Eu sei que todo isto dos premios é mentira, pero os mentirosos son os clientes que fan os comentarios nesas plataformas”, di con sorna.

Porque a clave descríbena un par de burgaleses: “Manolo te trata como se foses da familia”. O “trato directo” fai que moitos clientes, que recomendan sen dubidalo o seu establecimento, o chamen “o 8º Faro”.

Ten recibido milleiros de cartas, postais… agradecendo ese trato, esa capacidade para artellar unha ruta pola comarca que namorará aos seus hóspedes. Ou ata esta placa recibida dunha visitante de Talavera de Reina.

Romance do Hospedeiro de Laxe a Manolo Sacedon

A súa seña na rede ten anos con vídeos coma este:

Costa da Morte e Camiño dos Faros

“Eu vendo a Costa da Morte dende fai moitos anos”. E nos últimos anos, Manolo é un gran defensor do Camiño dos Faros, que califica “a mina de ouro da nosa terra para o noso futuro”.

Os hoteis da comarca, ben posicionados

Dando un repaso a varios hoteis da comarca, parece que as valoracións adoitan ser moi positivas. Xa vimos ademais que Casa de Lema recibíu un destes premios que o sitúan entre o 10% dos mellores hoteles de España. Un recoñecemento que tamén asina o Hotel Playa de Laxe, o Semáforo de Fisterra, o Mar de Ardora, o Oca Insua, o Bela Muxia… entre outros.

Comentarios