Laxe acolleu a entrega das Bandeiras Azuis de toda a provincia
Ata Laxe desprazáronse representantes da ADEAC, da Xunta e de 14 concellos da provincia da Coruña para facer a entrega das Bandeiras Azuis que van ondear nas praias neste verán de 2020. Son 10 os selos de calidade os que conseguiron 6 concellos da noza comarca, e que durante o día de hoxe comezarán a lucir na entrada dos areais.
O de Laxe xa ondea, despois das polémicas dos anos pasados, de xeito que os usuarios e visitantes “saben que están a gozar dun areal cunha excelente calidade das augas, con seguridade e servizos, accesible para todos e nos que rexe unha atinada xestión ambiental e a sustentabilidade”.
Sandra Insua e José Manuel Pequeño
Representantes municipais de toda a provincia onte en Laxe
Control de praias
Polo de agora só cidades como A Coruña veñen de instalar semáforos para controlar o aforo, os concellos da comarca aínda non comezaron coas medidas. Nese sentido, Vázquez Mejuto avanzou que a partir do 1 de xullo o seu departamento porá a disposición de todos os concellos o visor de praias do Instituto de Estudos do Territorio (IET), unha ferramenta que pode resultar de utilidade a nivel municipal xa que inclúe datos sobre os metros cadrados de cada areal, o estado das mareas e ata a localización de todas as bandeiras azuis concedidas pola ADEAC en Galicia en 2020.
Centros e sendeiros
A Cita tamén serviu para feliciitar aos concellos da Laracha e Camariñas, os únicos xunto a Oleiros e Boiro que teén un Centro Azul.
O alcalde de Laracha recibindo o distintivo polo Centro Azul dos Muíños de Golmar