Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Laxe convoca a eterna manifestación polo problema dos áridos

Laxe convoca a eterna manifestación polo problema dos áridos
Confraría e Grupos municipais levan anos unidos para pedir unha solución aos problemas no Porto de Laxe Confraría e Grupos municipais levan anos unidos para pedir unha solución aos problemas no Porto de Laxe

Infinita está a ser esta loita contra o problema cos áridos no porto e na praia de Laxe. Un problema que une a todos os grupos municipais, que levan denunciando esta grave problemática sen ser apenas escoitados polas administracións competentes. A area da praia levan anos invandindo o paseo, e nin Portos nin a Xunta dan un paso adiante.

O pasado mes de febreiro Portos abría a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe. “Un parche”, aseguran dende o Concello, que nin sequera se levou a cabo nestes meses. Ademais, en marzo, Portos prometía unha reunión, pero a cancelaba a última hora, e dende aquela por Laxe non tiveron novas do ente autonómico.

Ata este venres, cando o pleno aprobaba volver a convocar outra manifestación para este vindeiro domingo 17 de xullo, ás 13:00h. Convocaba de urxencia Portos aos membros da corporación esa mesma mañá para confirmarlles que nin o dragado se ía levar a cabo argumentando que a dársena de Laxe está en Rede Natura, algo xa sabido dende 2014.

”Non parecen estar tomándose en serio para nada o problema que temos, que cada día é maior”, resumen dende Laxe criticando a falta de atención das administracións superiores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios