Laxe, do teatro de Serantes ás diversas actividades do 25N

Este pasado domingo19 de novembro a veciñanza de Serantes disfrutou ao máximo da actuación do grupo de teatro da Asociación Os Seixos de Tella no local social. Unha nova demostración do poder da parroquia laxense.

25N
E Laxe mira xa mira cara o 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, con varias actividades.
Por un lado, o Concello artella obradoiro de igualdade para nenos e nenas e unha concentración para ler o Manifesto contra a violencia de xénero diante da Casa do Concello. O taller celebrarase o propio sábado no local social Valle Inclán, desde as 10:30 horas ata as 12:30 horas, onde realizarán diferentes manualidades con temática de igualdade e en contra da violencia de xénero. Non será necesaria inscrición e poderán participar mozos e mozas de calquera idade.
A continuación os participantes no obradoiro desprazaranse ata a Casa do Concello, onde se realizará un acto público para a lectura do Manifesto en contra da violencia.
Ademais, a área de feminismo de Unidas Podemos Laxe organiza a proxección do documental sobre violencia vicaria "Onde máis doe”. A proxección levarase a cabo en Laxe o venrnes 24 novembro ás 19:00, na Sala Valle Inclán. Contará coa inestimable presencia de Fina Roca, ferrolana licenciada en filosofía e letras, ademáis de xeografía e historia, actualmente xubilada, exerceu a docencia en institutos e universidades de Galicia e Madrid.