![Charla sobre os Penedos en Laxe]()
Charla sobre os Penedos en Laxe
Máis que interesante a mesa redonda celebrada o pasado venres 1 de xuño no Museo do Mar de Laxe.
Unha cita histórica para a Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, promovida pola Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe, que contou coa asistencia do Catedrático Augusto Pérez Alberti, o escritor e historiador Xosé María Lema, o xornalista da Voz, Juan Ventura Lado.
Se algo fixo especial o acto foi
a xuntanza por vez primeira nun acto público dos representantes políticos dos Concellos implicados na Paixase. Pola banda de
Vimianzo asistiu Marta Rei, Concelleira de Cultura. E pola banda de
Laxe o Alcalde José Manuel Mouzo e o Concelleiro de Turismo Xosé Manuel Pose.
O Alcalde Laxe falou de consenso entre concellos e dunha
desexable cooperación como modelo para activar a protección e promoción da paisaxe que comparten Laxe e Vimianzo.
A continuación Xosé Manuel Pose, dou lectura á carta coa que convidou á consellería de Medio Ambiente, a ter presenza no acto. E tamén ó escueto rexeitamento enviado dende a secretaría da consellería. Abriu a porta a futuras accións, baixo a perspectiva única de enriquecer o espazo no seu conxunto.
Xosé María Lema fixo un repaso polas actuacións que levou a cabo o SEMESCOM dende o ano 1997 ata a actualidade, no tocante ós Penedos. Este repaso serviu para darlle entrada
ó vídeo “A arte dos dedos no tempo”, tamén editado polo Seminario.
Juan Lado, falou desde o punto de vista informativo, destacando o
papel social que realizan os medios de comunicación dando cobertura os Penedos de Pasarela e Traba dende tres ópticas: a información crítica, a información científica, e a información vistosa.
Alberti, aportou o punto de vista xeolóxico e xeomorfolóxico, a través dun modelo dixital e de ortofoto combinados. Falou tamén de que
os Penedos poden ser catalogados coma únicos a nivel incluso peninsular.
Marta Rei, concelleira de Vimianzo, expuxo as actuacións do concello de Vimianzo ó longo dos anos e propuxo a conmemoración do décimo aniversario da declaración oficial, por medio da organización dunha marcha de unión e reivindicativa.
Descontento xeneralizado coa deixadez da Xunta de Galicia,
e ánimos de cooperación entre os dirixentes políticos de Laxe e Vimianzo. Ese pode ser o resumo da I Mesa Redonda sobre a Paisaxe dos Penedos, programada dentro da “Primavera científica e cultural” da Concellería de Turismo de Laxe.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/augusto-perez-alberti-e-lamentable-que-a-xunta-non-fixera-nada-dez-despois-da-declaracion-dos-penedos-de-traba-e-pasarela-como-paisaxe-protexida/
https://quepasanacosta.gal/unindo-forzas-entre-concellos-para-salvar-os-penedos/
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- María Xosé Mato.