Venres. 26.04.2024
El tiempo

Laxe ponse en modo Pirata

Cartel Mercado Pirata Laxe 2022
Laxe ponse en modo Pirata

Colle forma pirata a vila de Laxe, da man da empresa Eventos ‘Los Templarios’. A IX edición do Mercado Pirata invadirá a vila estes días 5, 6 e 7 de agosto. O centro pirata será a Praza dos Voluntarios, retrocedendo no tempo grazas a unha espectacular recreación histórica onde non faltarán a música e a animación cultural, os postos de artesanía e alimentación ou un carrusel ecolóxico.

A apertura do mercado será a seguinte: o venres, de 19 a 23 horas, e sábado e domingo de 11 a 14:30 horas e de 18 a 23 horas. Ademais, todas as noites haberá un espectáculo de lume ás 22:30 horas.

Máis citas na #AxendaCostadaMorte

 

Comentarios