Laxe prepara a súa Mostra de Teatro
Mentres por Carballo xa andan co enorme FIOT, por Laxe toca comezar a traballar na súa VIII Mostra de Teatro de Outono MOTA. A Asociación Folerpas Teatro e o concello laxense veñen de presentar o programa para estes meses de outubro e novembro.
Serán 5 obras as que enchan cada domingo o Salón de Actos Municipal a partir das 19:00h. Comezando por Metátase Teatro, de Palas de Rei, coa súa “Gran Final” que servirá de estrea da mostra o domingo 26 de outubro.
O 2 de novembro tocaralle o turno á Escola Municipal de Zas, con “O Calzurras”.
Xa o 9 de novembro chegan dende Ferrolterra os Ghazafellos cos seus “Contos para escagarriñarse”.
O 16 de novembro será turno para os coruñeses A Fiestra teatro, con “A farsa de Inés Pereira”.
E pecharán a mostra os composteláns de Tangatutanga Teatro, coa recoñecida obra “Urracas”.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).