Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia
Volveu unirse o pobo de Laxe, unha vez máis, arredor da demanda do seu porto. Unha nova manifestación, ao unísono, entre todos os grupos municipais, para reivindicar a necesaria actuación no porto de Laxe, e evitar tamén o problema cos áridos da praia. Un problema que vén de lonxe, pero parece que as administracións non fan demasiado caso, e nin sequera realizan as promesas que fan, como o dragado do porto, prometido en febreiro.
A manifestación transcorreu con normalidade, con bastante alta participación, con moita xente de Laxe pero tamén varios representantes municipais de concellos de veciños que se unen á causa.
Mouzo Castiñeira, Alcalde de Laxe, lendo o manifestoSegue sen haber novidades de Portos nas últimas semanas, e cara eles falou o alcalde no manifesto, facendo incidencia na necesidade de “deixar a un lado as diferenzas e cores políticos para pedir xuntos unha solución definitiva para o porto e a praia de Laxe”. Tivo tempo o alcalde para recordar ese dragado prometido en primavera, e lamentou que o argumento de Portos a estas alturas para non levalo adiante fose que o porto está en Rede Natura, como se non estivese xa o día da promesa.
Mouzo Castiñeira lembrou que “non se trata de un efecto da natureza senón das consecuencias que provocan un dique construido polo home”. Pediu que “é máis que ter unha praia bonita, trátase da seguridade da nosa xente”. “Calar significa aceptar e Laxe non acepta esta situación, queremos unha solución definitiva para o porto e praia de Laxe Xa! Seguiremos mobilizándonos ata que consigamos algo”, aseguraba o alcalde.
Leiceaga con Loli Toja en LaxeNovas relacionadas
- Xuño 2016: O porto de Laxe, o punto incómodo entre os grupos municipais.
- Febreiro 2016: Portos abre a licitación das obras da dragaxe no porto de Laxe.
- Setembro 2015: O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 19-08-14: Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe.
- 29-08-14: Emoción e vida nun ateigado Naufraxio de Laxe.
- 06-02-14: O Parlamento rexeita ataxar os problemas do porto de Laxe.
- 13-11-13: A area non quere marchar do paseo marítimo de Laxe.
- 14-06-13: O BNG de Laxe amenaza con denunciar a Portos se non acomete a obra do dique e a retirada completa dos áridos:
- 26-10-12: Solución temporal ao problema da area de Laxe.
- 20-06-12: Portos comprométese a solucionar o problema cos áridos en Laxe.
- 04-06-12: Novas melloras do Porto de Laxe sen novas do problema dos áridos.
- 04-04-12: O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 03-03-12: O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa.
- 06-02-11: O BNG de Laxe propón unha mobilización cidadá polo problema cos áridos coa Confraría á fronte.
- 24-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).