Serantes celebra a fin de curso mentres Traba se pon de festa
O pasado sábado, o local da veciñanza de Serantes (Laxe) acolleu a tradicional clausura dos cursos da escola de música, unha cita moi agardada pola comunidade.
Durante o acto, as nenas, nenos, adultos e artistas invitados ofreceron pequenas demostracións do aprendido ao longo do ano nas clases de solfexo, piano e acordeón, guiadas polo mestre Antonio Castro. As interpretacións foron recibidas con entusiasmo polos asistentes, nun ambiente de orgullo e celebración colectiva.
Ao rematar, veciños, familias e alumnado compartiron un pincho de confraternidade, poñendo o broche final a unha xornada festiva que puxo en valor o esforzo e a ilusión de todo o grupo.
Festas de Traba

Chegan as Festas do Sacramento de Traba. Este martes 23 de xuño, a partir das 20:00h, churrasco de balde para todos para comezar comezar a noite máis máxica do ano.
Xa o mércores 24 de xuño, ás 13:00h terá lugar a Misa Solemne na honra do Santísimo Sacramento. O son e o baile corren a cargo dos Gaiteiros de Churia e a Orquesta Miramar. Con inchables para os cativos. E pola noite a Orquesta Miramar estará acompañada polo Grupo Master para dar o máximo no campo da festa.