Luns. 29.04.2024
El tiempo

Milagre en Laxe un ano máis

Milagre en Laxe un ano máis
Finalmente, non houbo festas patronais en Laxe este ano, pero o que non faltou á cita foi o tradicional simulacro de naufraxio. Foi na xornada deste mércores, 17 de agosto de 2011. Esta representación desenvólvese cada ano dende 1962, grazas a unha iniciativa de Avelino Lema Santos, mariñeiro de Laxe que sobreviviu a tres naufraxios. A xornada comezou a mediodía, con celebracións relixiosas na Igrexa de Santa María da Atalaia. Despois desenvolveuse unha procesión que transcorreu polas rúas da vila ata chegar ao porto. No peirao estaban agardando centos de persoas e as embarcacións, dispostas e engalanadas para proceder á posterior porcesión marítima coa Virxe do Carme. Como acontece ano tras ano, unha lancha repleta de mariñeiros cunha vía de auga pide auxilio e afunde. Un deles perde a vida e os seus compañeiros lévano ata terra, onde resucita aos pés da Virxe. É aí cando comeza a procesión. Foi a embarcación Roque, a que levou este ano a imaxe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios