Domingo. 12.07.2020
El tiempo

Novas melloras do Porto de Laxe sen novas do problema dos áridos

Novas melloras do Porto de Laxe sen novas do problema dos áridos

Nova visita institucional do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, ao porto de Laxe. Pero non era para solucionar o tema dos áridos, non. Era para visitar as obras de mellora dunha das ramplas da parte seca da rampla do carro-varadoiro,.

A citada instalación atópase na actualidade en condicións aceptables, mais resulta necesario dotala dun mallazo embaixo do pavimento de formigón, concretamente na zona onde irán os novos raís do carro-varadoiro, para reforzar a súa superficie e garantir a súa máxima funcionalidade. Ademais levarase a cabo unha rectificación da pendente da mesma, unificándoa coa parte inferior.

Portos de Galicia, ente adscrito á Consellería de Medio Rural e do Mar, destinará un investimento de 45.000 euros para as citadas melloras. As obras que se realizarán na parte seca levaranse a cabo despois de que Portos de Galicia xa realizara en 2011 unha actuación co obxectivo de acondicionar a rampla na súa parte somerxida, que era a que se atopaba en peores condicións. Rematada esa intervención, comprobouse que resultaba necesario acometer reparacións na parte seca da mesma. Os traballos de acondicionamento farán necesario demoler o pavimento actual e pavimentar de novo en formigón para conseguir mellorar as condicións técnicas da instalación.

Por outra banda, Portos de Galicia aproveitará esta a actuación no porto de Laxe para realizar o pintado de tres pasos de cebra que discorren por dominio público portuario, reforzando así a seguridade viaria no entorno portuario.

Novas relacionadas

Fonte

  • Portos de Galicia.

comentarios