O alcalde de Laxe pon no tellado da Xunta o problema cos áridos


Este xoves o BNG de Laxe convocou unha manifestación para esixir a Portos de Galicia unha solución co problema dos áridos. Un asunto que leva dende o 2010 na primeira liña de actualidade política, pero que parece que nunca se dá resolto.
Hoxe é o propio alcalde laxense do PSdG-PSOE, Antón Carracedo, o que, ademais de apoiar a mobilización (con matices), quere explicar os antecedentes do conflito, e de paso, poñer a pelota no tellado da Xunta.
Remóntase a novembro do pasado 2011, cando o Pleno da Corporación acordaba por unanimidade "Solicitar da Xunta de Galicia unha serie de obras (entre elas, a do peirao de Laxe)" ademais de "pedir unha entrevista co Presidente da Xunta de Galicia para que reciba ao Alcalde e Portavoces dos distintos grupos políticos e presentarlle dita relación de obras". Peticións co prazo aberto ata o 10 de febreiro para agardar a constestación.
O PSOE lembra que a 27 de xaneiro, agardando pola resposta da Xunta, o BNG presenta unha moción coa mobilización, e o PSOE lémbralle "o traballo feito dende sempre polo grupo de goberno no referente a este tema e os enfrontamentos que tivo co Ente Público de Portos de Galicia" ademais de invitar á Confraría a que se implique neste asunto, apoiando a mobilización. Apróbase a moción cos votos en contra do PP e a abstención de IXL.
O PSOE, que apoiou a mobilización dende o primeiro momento, si critica que o BNG a presentase o pasado 6 de marzo "unilateralmente, independentemente do que faga a Cofradía". Diante destes feitos e, unha vez reunido o Alcalde cos representantes da Cofradía, que lle transmiten que non apoiarán a mobilización, o Grupo de Goberno tomou a seguinte decisión:
- 1) Facer público o seu desacordo coas formas (non respectando os acordos plenarios e actuando unilateralmente), aínda que non co fondo dos plantexamentos do BNG nesta mobilización.
- 2) Apoiar a mobilización, xa que aínda que nunca tivemos o apoio de ningún partido na nosa loita con Portos de Galicia, entendemos que o benestar dos/as nosos/as veciños/as está por enriba de calquera sigla política.
- 3) Participar sen ningún tipo de reseña política propia, xa que sempre entendemos que esta mobilización debía de ser de todos/as os/as veciños/as, non de ningún partido.
- 4) Amosar o noso respecto á decisión da Cofradía, ao mesmo tempo que o noso desacordo porque cremos que hai motivos dabondo para pedir o seu apoio.
- 5) Publicar un bando, pedindo a todos/as os/as veciños/as a súa participación na mobilización do vindeiro xoves.
Novas relacionadas
- 03-03-12: O BNG de Laxe esíxe a Portos unha solución aos áridos dende a rúa.
- 06-02-11: O BNG de Laxe propón unha mobilización cidadá polo problema cos áridos coa Confraría á fronte.
- 24-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.
Fonte
- Nota de prensa do alcalde de Laxe, Antón Carracedo Sacedón.