Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O campo de fútbol do Laxe sairá a poxa

O campo de fútbol do Laxe sairá a poxa
Volve á actualidade política o PP de Laxe esixindo explicacións ao goberno local sobre a situación xudicial do campo de fútbol. I é que as últimas informacións que recibía o grupo da oposición indican que un xulgado sacará a poxa a instalación deportiva. O portavoz do PP de Laxe, Ambrosio Oróns, que considera "lamentable" a situación, exporá o asunto en pleno para pedirlle explicacións ao alcade. "É algo que desde o PP xa avisamos que podía suceder", indicou Oróns, quen non se explica como o goberno local puido certificar unha obra nun terreo no que "non estaba claro quen era o seu propietario".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP de Laxe.

Comentarios