O Cayetano volve ser o portagonista do Entroido de Laxe
06:56 04/02/16
Doble cita a laxense co Entroido en Laxe. O sábado 6 haberá desfile e actuación das comparsas, para as que ata o venres 5 ás 12:00h está aberto o prazo de inscrición. Debido á previsión meteorolóxica, o emprazamento do palco de actuacións para as comparsas e para o grupo Tren da Unha Show de Laxe, terá lugar no patio cuberto situado ao carón da Praza dos Voluntarios (enfronte da Casa do Concello). A partir das 18 horas haberá reparto de filloas e chocolate entre todos os entroidos.
O Cayetano
Pero a nós a que máis nos presta é A historia de Cayetano. A cita de despedida do entroido será o venres 12, coa procesión e queima da nosa personaxe de Entroido: O Cayetano.
Novas relacionadas
- A historia de Caietano.
- Entroido Laxe 2015: O Caietano protagonizou un entroido reivindicativo no mar de Laxe.
- Entroido 2014: Repaso de enterros pola Costa no End-Troido.
- A tradición dos Enterros de Entroidos na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Fotos por cortesía do departamento de turismo do Concello de Laxe.