Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos

O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos
Concello e Asociacións contra os viraventos Concello e Asociacións contra os viraventos

Ata un castelo medieval rescataron para evitar a invasión dos viraventos. E parece que todo Laxe o ten claro, mesmo o Concello, que vén de realizar un comunicado conxunto coas Asociacións Petón do Lobo e Contramínate, para rexeitar o Proxecto eolico Pena Forcada-Catasol II, que tramita Gas Natural Fenosa, ademais do proxecto de evacuación de enerxía do futuro parque.

O ata agora único concello da Costa da Morte libre de viraventos quere manter ese virxe distintivo. “Laxe ten integridade paisaxística”, sinala o alcalde Mouzo Castiñeira orgulloso, que pon exemplos como o do Catálogo da Paisaxe, que “recoñece o alto valor estético da paisaxe de Laxe”.

”Antes de acometer o Proxecto eólico de Laxe, faise preciso atender outros parques limítrofes, esgotar outras posibilidades, vía repotenciación ou ampliación. O contrario, para nós é un acto especulativo”, sinala o alcalde con rotundidade.

Concello e asociacións analizaron as 3 normativas propostas dende a Xunta, e consideran que a alternativa A atravesa dous castros; a alternativa B, atravesa a lagoa de Coens, e o Posto Municiapal de Auga, así como Repetidores; e que a C a través a Torre de Laxe, polo que todas “terían consecuencias negativas para o Concello”.

Polo tanto, denuncian que “a localización non é a idónea en ningún caso, e non se entende ademais, porque nen se quera é o punto do concello maís azotado polo vento”.

Rexeitamento social

Recoñece Mouzo Castiñeira que parte deste rexeitamento municipal é gracias á mobilización social. “Este plan está xerando un importante rexeitamento social, e coa forza dos veciños e veciñas, hai que votalo atrás. O concello poñerá a disposición da veciñanza todos os seus recursos. Entende a preocupación que este proxecto está causando”.
A ese respecto, o Alcalde engadiu, "Non se entende o dobre raseiro da Xunta: estamos esperando por unha dragaxe que non se leva a cabo por estar o porto nunha ZEPA, e agora ven cun proxecto de aeroxeradores, nunha ZEPA na Lagoa de Traba, LIC -Lugar de Interés Comunitario o da Paisaxe Protexida de Penedos de Pasarela e Traba”.

Por último, Loli Toja, presentará unha iniciativa no Parlamento, que inste a Xunta a paralizar este proxecto.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios