Luns. 10.08.2020
El tiempo

O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén

O dragado do Porto de Laxe, incluído un ano máis no Orzamento da Xunta para o ano que vén
Confraría e Grupos municipais levan anos unidos para pedir unha solución aos problemas no Porto de Laxe Confraría e Grupos municipais levan anos unidos para pedir unha solución aos problemas no Porto de Laxe Como para fiarnos. O ano pasado por estas datas o PP anunciaba que o Orzamento 2015 incluía unha partida para o Dragado de Laxe. E esta fin de semana, Técnicos de Portos de Galicia veñen de confirmarse ao alcalde de Laxe e ao patrón maior da confraría de pescadores, que a Xunta contempla nos presupostos do ano que vén unha partida para acometer a dragaxe deste porto. Trátase dunha reivindicación histórica do sector e o pleno laxense, pero á que a Xunta non deu respostado. Ademais, recibiron explicacións sobre o estado de tramitación desta medida, que está tamén pendente doutros informes de diferentes organismos competentes na materia. Finalmente, alcalde e patrón maior solicitaron retomar a mesa da Comisión de Seguimento do porto, para ter noticia puntual da tramitación e estado das xestións levadas a cabo por Portos de Galicia, amosando a súa dispoñibilidade a colaborar nesta tarefa.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios