O Naufraxio de Laxe protagonista dunha documental con 50 anos de historia
18:46 13/06/09
Estaba prevista a presentación do documental Naufraxio para o pasado venres, pero finalmente será este venres 21 de novembro de 2008 no Salón de Actos de Laxe, a partir das 20:30. Un documental que reflicte como é por dentro o Naufraxio de Laxe, ese emotivo evento que cada 17 de agosto, nada menos que dende o 1962, lembra aos mortos do mar.
Na presentación contarase ca presenza de Antonio Carracedo Sacedón, alcalde do Concello de Laxe e Daniel López, director e guionista do documental
A inciativa do documental parte dos mesmos mariñeiros, da Confraría e do seu proxecto de Mar de Laxe, co que querían ver representado o seu evento máis importante do ano, co mentes en poder amosalo polo mundo adiante. Son xa case que 50 anos os que leva Laxe facendo esta ofrenda, algo que por aquí case que nin nos decatamos.
O obxectivo fundamental é o de dignificar a profesión de mariñeiro, destacando o orgullo de pertencer a unha profesión vencellada ó mar, facendo ao mesmo tempo unha homenaxe a todos eses mariñeiros que un bo día non puideron regresar.
A documental
O pasado 17 de agosto cámaras do estudio de gravación Mandeo Records, ocupáronse de recoller as mellores imaxes da procesión da Virxe do Carme e da representación do Naufraxio. Conta ademais música orixinal específica para o documental do propio Daniel López, director e guionista do mesmo. Unha voz gastada presenta coa súa voz en off o documental, unha voz gastada que representa aquel que pasou anos e anos baixo o fondo do mar logo daquel tráxico naufraxio. Figuras como Avelino (aquí enriba), o home que trouxo a idea do acto logo de velo no Perú, ou Raúl (na foto de arrina na esquina superior dereita), que tomou o testigo de Avelino na dirección da festa, son varios dos protagonistas do documental. Un documental que conta cos mariñeiros, a meirande parte novos, que son que fan de actores para honrar aos mortos da man da Virxe do Carme, a patroa. O documental partíu dunha idea da Cofradía de Laxe e o seu innovador proxecto Mar de Laxe. Conta coa subvención da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, e está dirixido por Daniel López, con fotografía de Caamaño Castro e montaxe de Raquel Castro. O equipo derodaxe é da compañía Clack Produccións, todo baixo o control da produtora Mandeo Records. Podedes ver un adianto do documental na web www.mandeorecords.com, do que están extraídas estas imaxes. Impresionante. Aquí queda:Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ( [email protected]Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ).