Venres. 26.04.2024
El tiempo

O programa Reláxese arrinca o 2018 en clave de gastronomía e viño

O programa Reláxese arrinca o 2018 en clave de gastronomía e viño
cartel primer trimestre relaxese 2018 - concello de laxe

A Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe presenta o programa de actividades que se enmarcan dentro do proxecto turístico RELÁXESE para o primeiro trimestre deste ano 2018. Un programa que lle dá vida ao Museo do Mar, e que pretende desestacionalizar o sector turístico. Así, despois da boa acollida da primeira edición en 2017, este 2018, xa co apoio da Deputación, pretende afianzarse como referente cultural ao longo do ano para toda a Costa da Morte.

A Concellería considera que "a cultura culinaria é un valor indiscutible para potenciar o turismo de calidade", e por iso quere continuar traballando a favor da profesionalización e potenciación dos recursos gastronómicos municipais, e da cultura popular do chateo xunto coa gastronomía, máis coñecida como a maridaxe do viño.

Con este motivo, as actividades previstas para os meses de xaneiro, febreiro e marzo, dentro do proxecto de turismo “relaxese 2018” enmárcanse no título “Inverno Gastronómico e Enolóxico”.

Este “Inverno Gastronómico e Enolóxico” contará con xornadas gastronómicas da man de productos de calidade con Indicación Xeográfica Protexida coma o mel de Galicia, os queixos de Arzúa Ulloa ou a Tenreira Galega , catas profesionais,unha excursión á feira de turismo e gastronomía “Xantar”, un taller de cocktalería e incluso unha demostración de cociña a cargo do chef Iván Domínguez, do restaurante Alborada, con especial vinculación ó noso Concello de Laxe.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES NO MUSEO DO MAR – RELAXESE 2018

“INVERNO GASTRONÓMICO E ENOLÓXICO”

XANEIRO

  • Ven 26 – 17.00 h – Áncora Taberna. Taller de cocktelería con Carlos Varela, cockteleiro oficial de Monin
  • Mér 31 – 9.00 h a 20.00 h. Excursión á feira de gastronomía e turismo “Xantar” en Ourense

FEBREIRO

  • Sáb. 3 - 11.00 h. Showcooking “Cociña e innovación” a cargo de Iván Domínguez, chef do restaurante Alborada (* Michelin)
  • Ven 9 – 19.00 h. Cata – degustación CRIXP Mel de Galicia, a cargo de Beatriz Ríos Cebreiros, responsable do Consello Regulador
  • Ven 16 – 19.00 h. Cata de queixos de Galicia CRDOP Arzúa-Ulloa, a cargo de Óscar Pérez Ramil, secretario xerente
  • Ven 23 – 19.00 h. Taller degustación IXP Tenreira Galega, a cargo de Luis Antonio Vázquez Pérez, director de promoción e relacións externas. Cociñeiro: Marcos Seoane, chef do Restaurante Río Sil de Carballo

MARZO

  • Ven 2 – 19.00 h. Cata D.O. Monterrei, a cargo de Bodegas Avante Selecta
  • Sáb 3 – 12.00 h. Cata D.O. Valdeorras, a cargo da Cooperativa Vinícola do Ribeiro
  • Ven 9 - 19.00 h. Cata D.O. Ribeiro, a cargo de Guillermo Díez, xerente e enólogo de Bodegas Nairoa
  • Sáb 10 – 12.00 h. Cata D.O. Rías Baixas, a cargo da bodega Pazo Baión
  • Ven 16 – 19.00 h. Cata D.O. Ribeira Sacra, a cargo de Fernando de Santiago, enólogo de Bodegas Finca Míllara
  • Sáb 17 – 12.00 h. Cata D.O. Ribera del Duero, a cargo de Bodegas Cruz de Alba
  • Ven 23 - 19.00 h. Cata D.O. Rioja, a cargo de Chelo Palacios, enóloga e xerente de Bodegas Palacios Remondo
  • Sáb 24 – 11.00 a 14.00 h / 17.00 a 21.00 h. I Mostra do Viño Galego

A estas actividades hai que sumar:

  • O I CONCURSO DE CARTELES DE SEMANA SANTA “ROSARIO DA BOA MORTE”, ó que se poderán presentar traballos ata o 2 de marzo. As bases estarán dispoñibles na web www.concellodelaxe.com.
  • Unha campaña do comercio titulada “NAMÓRATE DO COMERCIO DE LAXE”. Entre as compras que se fagan neste comercios entre o 19 de xaneiro e o 14 de febreiro, sortearanse tres vales de compra por importe de 100 €, 50 € e 25 €. Trátase dunha campaña de San Valentín coa que se pretende dinamizar o comercio local. Estará aberta do 19 de xaneiro ó 14 de febreiro e nela participan os seguintes establecementos: Parafarmacia Alquimia, Estanco e Lotarías Casa López, Estación de Servicio Santa Rosa, Bazar Laxe Hong Fa, Chuchelandia, A Tenda do Centro, Perruquería e Estética Azabache, Floraría Rebeca, e Librería Torre Penedo.

Fonte

  • Redacción de QPC
  • Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe

Comentarios