Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Rosario da Boa Morte, xa ten cartel

O Rosario da Boa Morte, xa ten cartel
cartel rosario da boa morte laxe 2018

A obra “Tradición” de Omar Ríos Vigo resultou gañadora do I Concurso de Carteis “Rosario da Boa Morte”. Foron 6 as obras presentadas pero o xurado tívoo claro, valorando a obra “Tradición” do autor Omar Ríos Vigo como a máis idónea para constituírse como cartel anunciador do Rosario da Boa Morte para este ano 2018, en base a criterios de orixinalidade, modernidade e diferenciación.

O cartel da peregrinación máis auténtica de Laxe, xa impreso, será empregado para facer difusión turística da tan tradicional procesión do Rosario da Boa Morte, que se escenifica o Venres Santo en Laxe, e se constitúe no acto máis tradicional e concorrido da vila de Laxe no marco da celebración dos actos litúrxicos da Semana Santa.

O premio, consistente nunha dotación económica de 200€, será entregado ó gañador, polo Concelleiro de Turismo, o vindeiro venres 23 de marzo ás 19.00 horas nun acto público no Museo do Mar.

Fonte

  • Concello de Laxe

Comentarios