Martes. 19.03.2024
El tiempo

Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes

Pescadores de Laxe protestando contra o acoso das autoridades nos portos
Pescadores de Laxe protestando contra o acoso das autoridades nos portos
Os pescadores recreativos saen aos portos para pedir que non se lles trate como delincuentes

Surrealista é a situación na que se atopan, no último mes, centos de pescadores afeccionados que están sendo tratados coma delincuentes, por culpa da irresponsabilidade dun medio de comunicación e a connivencia das autoridades. Nestas últimas semanas, as autoridades están sacando a centos de pescadores recreativos dos portos, dende Malpica ata Muros. Pescadores que poden ser moz@s, avós, familias enteiras… de total diversidade cun único nexo común: a afección pola pesca recreativa do calamar ou da xarda.

Ante esta situación, insostible dende que La Voz de Galicia, como vén facendo recurremente nos últimos anos, comezaba a guerra contra este sector a raíz dun suceso acontecido no peirao de Malpica, centos de pescadores reuníanse este sábado no porto de Laxe para amosar a súa repulsa.

Conscientes de que a pesca recreativa nos portos está prohibida, non consideran normal que se prohiba así “dun plumazo”, como explica Emilio Cambre, un dos voceiros desta loita. ”Estamos aquí representando ao sector da pesca deportiva nos portos… para que non se nos trate como delincuentes, para que non se nos exclúa dunha zona case pública, que dean unha marxe, ou que se normalice cunha licencia específica, por exemplo”.

”Non entendendo como unha información sesgada consegue acabar cunha práctica como esta. Somos deportistas, de todas as idades, persoas que nos gustan estas actividades que non temos onde ir nestes tempos de pandemia. Non molestamos a ninguén”, explícan, deixando claro que moita xente gustaría de ir ás pedras, onde si está permitido, pero non poden por simples aspectos de accesibilidade, coma si poden facer nos portos.

Nova concentración

Este luns volverán manifestarse no porto de Malpica ás 9:30h da mañá.

Colleita de sinaturas

A Tenda A Bordo e o Club de Pesca Noroeste están facendo unha colleita de sinaturas tanto a nivel presencial como dixital, que acompañarán a un escrito.

Novas relacionadas

Comentarios