Piden acometer o mantemento dos accesos á praia de Soesto
15:05 06/03/24
A area cobre boa parte do paseo de madeira de acceso á praia de Soesto. De aí que o grupo municipal de Unidas Podemos de Laxe veña de presentar unha denuncia ante o Ministerio para a Transición Ecolóxica pola falta de mantemento.
O concelleiro de Unidas Podemos de Laxe, Fernando Del Moral Regaldie, rexistrou hoxe un escrito no que subliña que a devandita pasarela ten a función de protexer o sistema dunar, e que na actualidade, e debido ó mal tempo, atópase completamente taponada pola area, ata a altura mesmo das varandas.
Por tanto, reclama unha actuación que permita o acceso, perante a plantación de vexetación habitual nestes ecosistemas para reter a area, e garantir a funcionalidade do acceso.