O pleno de Laxe esquece os Penedos de Traba e Pasarela
Completito foi o pleno deste venres no Concello de Laxe. Era ademais o primeiro pleno para José Charlín Oróns, o teniente alcalde que tivo que facer de mestre de cerimonias ante a baixa do alcalde, José Luís Pérez Añón.
Foron moitos os puntos da orde do día. O máis polémico foi o que presentaba o BNG, que pedía “o rexeitamento da instalación dos Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros e a defensa da integridada paisaxística dos Penedos de Traba e Pasarela”.
Con sorpresa recibiron os membros da oposición o voto contrario do grupo popular, tendo en conta o rexeitamento social que está recibindo a instalación do proxecto eólico nunha das dúas únicas zonas catalogadas como Paisaxe Protexida de Galicia. Dende o PP, José Charlín explicou que “si estamos en contra de poñer eólicos sobre os Penedos de Traba e Pasarela, que seguiremos defedendo, pero a moción trata por igual os dous proxectos, e nós non estamos en desacordo co proxecto Pena dos Mouros”.
Tres mocións aprobadas
Houbo apoio completo para aproba varias mocións. O PP presentaba unha moción en apoio da transferencia público marítimo terrestre, e todos os grupos consideraron positivo.
Tamén se aprobou unha moción solicitada polas propostas escolas, para apoiar a integración nun C.R.A. das Escolas Unitarias de Carantoña, Carnés, Traba, Castromil, Camelle e Torrexallóns. Unha medida que permitirá que o grupo de escolas vimiancesa, laxense e camariñá poidan contar cun servizo de orientación propio, e máis apoios de AL e PT.
O pleno aprobou tamén por unanimidade promover unha declaración institucional do Concello de Laxe, co obxecto de demandar a eliminación das modificacións do Regulamento de Control Europeo da (CE) Nº 1224/2009 con respecto á frota artesanal, amosando o seu apoio ás mobilizacións do sector desta semaan.
Campo Cabo Da Area Rogelio Martínez
Como pedía a veciñanza, o grupo de goberno levou de urxencia (dado o delicado estado de saúde do protagonista) unha moción para aprobar o cambio de nome do campo de fútbol municipal, que pasa a chamarse, por unanimidade, Cabo da Area Rogelio Martínez.
Novas relacionadas
- ANOVA: “A Xunta paraliza a ampliación da Rede Natura para favorecer a ubicación irregular de eólicos como os de Monte Chan”.
- O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”.
- O SEMESCOM presentou alegacións contra os dous proxectos dos parques eólicos que ameazan os Penedos.<(li>