Domingo. 18.04.2021
El tiempo

O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”

Visita do BNG aos Penedos de Traba e Pasarela
O BNG oponse ao PE Monte Chan, “unha ferida de morte na paisaxe dos Penedos”

Esta fin de semana unha expedición do BNG, Mercedes Queixas, Luís Bará e Daniel Pérez, mantiveron unha reunión con veciños e con membros da recén constituída Plataforma Salvemos os Penedos.

O BNG califica o novo impulso eólico proposto pola Xunta dende o pasado confinamento como “incontrolable”, e se ben sinala que están a favor das enerxías limpas e renovables, estas teñen que ser “respectuosa coa paisaxe e as persoas”.

Por iso non entende a creación dun parque eólico no corazón dunha Zona de Especial protección Paisaxística como os Penedos de Traba e Pasarela, deixando clara a súa “oposición frontal ao PE Monte Chan, e faremos todo o posible por evitalo”, destaca o carballés Pérez.

”Eólicos si, máis non así. Os penedos non se toca”, sentenciaron.

Novas sobre Os Penedos

comentarios