Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Portozás volveu a Laxe en clave de lembranza e loita

Portozás volveu a Laxe en clave de lembranza e loita
Reencontro reivindicativo de Mareas Vivas en Laxe-Foto-Nacho de Lxe

E o fixo en clave de protesta. I é que tan emotivo como reivindicativo doi o encontro de toda a familia da mítica serie galega de "Mareas Vivas" en Laxe. A vila bergantiñá, que se convertira en Portozás durante os 90, reuniu 15 anos despois a toda a familia da TVG, no que foi unha das mellores experiencias na pantalla do audiovisual galego, que puxeron ao porto costeiro nas casas de todo o país.

Míticos como Luís Tosar, Isabel Blanco, Miguel de Lira, Sonia Castelo, Antón Reixa, Fede Pérez Rey e ata a brava nai heroína e presidenta da Fundación Érguete, Carmen Avendaño... estiveron pegándose apertas e bicos durante boa parte da mañá laxense. E remataron en clave de actualidade, facendo precisamente un paralelismo co ben que daquela a serie reflectía a indiosincrasia galega. O fixeron berrando "non á mina de ouro de Corcoesto", iso si, con seseo, gheada e asento berghantiñán como aparecía na serie por primeira vez na televisión pública galega.

A intención era simplemente a de volverse ver e botar unha foto do vello equipo, e ao final acabou nun auténtico e emotivo encontro. Cun fermoso recordo para un dos grandes, que tamén formou parte, como non, da familia de Portozás, o recentemente finado Pico.

Equipo de Mareas de Vivas volveu ao Portozas de Laxe 15 anos despois-Foto-Monica Ferreiros

Novas relacionadas

Fonte e máis información

Comentarios