Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O POS repetido de Laxe

Casa do Concello de Laxe
O POS repetido de Laxe

O Concello de Laxe aprobou este venres (con apenas 4 días de marxe para o remate do prezo), en pleno extraordinario o Plan Único de Concellos 2023 da Deputación da Coruña que ascende a 265.822,72 euros e que, neste caso, se destinará a varias obras de mellora, reforzo de políticas sociais e gasto corrente.

Un Plan aprobado por unanimidade, pero sen acordo, como denuncia o BNG, cuias proposta non foron escoitadas. Pero vai máis alá o grupo da oposición, denunciando que hai varias obras que xa foron presentadas no POS Complementario do ano pasado. Fala Xosé Manuel Pose da mellora da senda peonil dende Santa Rosa á praia de Soesto (86.478,55 €) ou da mellora do acceso e explanada exterior á Igrexa de San Estebo de Soesto (40.252,15€ ). Dúas obras que quedaron sen executar, malia contar cunha asignación aprobada de máis de 200.000€.

Pero é que facendo un repaso o BNG denuncia que hai sen executar 3 obras aprobadas no POS de 2021 (18.000 do subministro e colocación de porta basculante para o garaxe municipal, 68.081,74€ da reforma envolvente almacén Rúa Francisco Canosa; e 51.210,01€ da mellora do firme é seguridade vial da estrada á praia de Traba) así como as 3 aprobadas no plan principal d ano pasado (mellora do vial ao cemiterio municipal de Laxe; mellora do vial en Boaño, Campo do Almozarro-Praia de Arnado e mellora do vial Castrelo-Merendeiro da Braña-Soesto.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios