Luns. 14.10.2024
El tiempo

Laxe aprobou o POS nun pleno ao que non puido asistir ningún edil da oposición

Casa do Concello de Laxe
Laxe aprobou o POS nun pleno ao que non puido asistir ningún edil da oposición

Danse moitas vicisitudes arredor do POS, e a de Laxe é unha nova. O grupo de goberno, que ten maioría, sacou adiante a súa proposta nun pleno ao que non puideron acodir ningún dos edís dos grupos da oposición. Malia que os plenos ordinarios están formulados para ser polas tardes, o grupo de goberno decidiu facer o pleno extraordinario ás 9:00h deste venres (no último segundo), polo que os edís de PSOE e BNG non puideron asistir por estar traballando.

”Ten maioría absoluta, non recesita facer esta demostración de falta de diálogo e consenso tan rotunda”, sinala o voceiro do BNG Xosé Manuel Pose Lema, lembrando que nos tempos do bipartito sempre lles facían partícipes desta clase de proxectos.

Lembra ademais Pose Lema o último acordo que certificou o grupo popular, a aprobación dunha nova media dedicación para o actual alcalde en funcións, Paco Charlín. “Agora estamos pagando todos 5 soldos por unha alcaldía”, apunta Pose Lema.

POS

Así, nun pleno ao que só acodiron os edís do PP, saíu aprobada a do grupo de goberno de 182.000€ para estas obras

  • Mellora do vial municipal desde Castrelo (cruce AC:432) ata o merendeiro de A Braña, no Lugar de Soesto: 60.992,6 €
  • Mellora do vial que leva ao cemiterio municipal de Laxe: 38.072,61 €
  • Mellora do vial municipal no Lugar de Boaño, desde o campo de Almozarro á Praia de Arnado, na parroquia de Traba: 34.506,96 €

O Plan Complementario propón a:

  • Mellora do acceso e explanada exterior á igrexa de San Estevo de Soesto, parroquia de Soesto: 30.203,54 €
  • Mellora da senda municipal desde Santa Rosa ata Praia de Soesto: 86.478,55 €

E o Plan Adsicional:

  • Gastos correntes: 35.842,85 € (Reforzo do persoal: traballador social, emerxencia social, ampliar SAF + servizo podoloxía, Epis).
  • Gastos de investimento: Subministro de camas articuladas e grúa de traslado para o Departamento de Servizos Sociais: 3.560,00€.

Comentarios