Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Praia dos Cristais: “Non creo que dure moito”

Praia dos Cristais sen Cristais-Foto-MR
A Praia dos Cristais ten cada vez menos cristais-Foto-MR
Praia dos Cristais: “Non creo que dure moito”

- “Quedan poucos cristais na praia dos Cristais?” - preguntámoslle preocupados a varios entendidos na materia ante as continuas queixas por mor desa estúpida moda de levar unha presa para casa.

- “Pois si, os cristais van a menos. O Concello colocou o verán pasado un cartel informativo no que figura expresamente a petición de que, por favor, non se leven os cristais, pero xa sabes como funciona isto: ‘gota más gota se agota’”, responde a técnica do turismo do Concello de Laxe, María Xosé Mato.

Un problema que vén de lonxe, como recoñece o veciño Víctor Mira. “Cando selaron o vertedoiro hai xa máis de 15 anos, co Plan E, retiraron varios contenedores de cristais xa que contaban como residuos, como a xente protestou non se quitaron máis e deixáronse os que quedaban. Ao selar o vertedoiro deixaron de caer botellas ó mar e polo tanto a praia quedou sen abastecemento de novos cristais. O feito de que se fixera tan famosa nos últimos anos, cun incremento dos visitantes meteórico (debe ser do máis compartido das redes sociais, non hai máis que mirar o instagram) pois xenera ese perxuizo a maiores porque ninguén respeta a prohibición. Se non hai renovación de cristais e cada un leva o peto cheo…”, lamenta.

Vai máis alá: “Eu cheguei a ver cristais deses nin restaurante de santiago decorando varias mesas. En en Laxe en varios bares e tamén en casas hai botes cos cristais”

”A verdade é que nestes últimos anos é cando se agravou máis a cousa. Pero depende moito do día que vaias, de segundo como estea a marea e o mar. A verdade é que hai veces que dá peniña. Non creo que dure moito”, sentenza.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
O cartel de prohibido coller cristais leva máis de 10 anos posto á entrada do areal

Comentarios