mércores. 11.12.2024
El tiempo

PSOE e Podemos denuncian o caos de tráfico nas rúa de Laxe

sinais de trafico pintadas en Laxe
A veciñanza, cansa dos problemas, ata chegou a pintar varias sinais de tráfico
PSOE e Podemos denuncian o caos de tráfico nas rúa de Laxe

Pasan os veráns e o tráfico segue a ser unha das grandes problemáticas do casco urbano de Laxe. 

Desta volta volven unirse os concelleiros do Grupo PSdeG PSOE e Unidas Podemos do grupo mixto do concello de Laxe, Francisco J. Vidal e Fernando Regaldie, para facerse eco das protestas veciñais polo caos de tráfico que se está a producir nalgunhas zonas da zona urbana, provocados polo plan de tráfico deseñado polo grupo de goberno municipal.

Ambos os concelleiros recoñecen que no mes de maio foron consultados para a posta en marcha dos cambios, pero que as súas alegacións e recomendacións non foron escoitadas en absoluto nin incluídas no plan.

Algúns actos vandálicos provocados recentemente nos sinais de tráfico puxeron de manifesto o descontento dos afectados, que nalgúns casos non poden acceder por completo ás inmediacións das súas vivendas debido ás actuais prohibicións de circulación.

Tras escoitar as protestas e demandas dos veciños, os concelleiros do PSOE e Podemos comprometéronse a levar as súas reivindicacións ao pleno, que farán no próximo Pleno ordinario do próximo 28 de novembro.

Comentarios