mércores. 11.12.2024
El tiempo

15 anos despois, os Penedos de Traba e Pasarela estrean o Plan de Xestión

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita os Penedos de Pasarela e Traba, con motivo da aprobación do Plan de xestión da paisaxe protexida dos mesmos. Laxe, 13/11/24.
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita os Penedos de Pasarela e Traba, con motivo da aprobación do Plan de xestión da paisaxe protexida dos mesmos.
15 anos despois, os Penedos de Traba e Pasarela estrean o Plan de Xestión

Hoxe mesmo, mércores 13 de novembro de 2024, publícase no DOG o Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela. Faino 15 anos despois da catalogación da zona como Paisaxe Protexida6 anos despois de poñer a andar o Plan de Xestión, e un ano despois do remate do proceso de exposición pública. Pero dende hoxe, os Penedos xa contan un Plan, dotado con 600.000€ e 40 medidas para planificar, coidar, sinalizar, e aproveitar turisticamente, dun xeito sostible, este singular espazo natural.

Así o anunciou nunha completa visita o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, nunha subida ata o cumio da paraxe. Acompañado da alcaldesa de Vimianzo, Mónica Martínez, e o alcalde de Laxe, Paco Charlín, foi o técnico vimiancés, Víctor Santos, o encargado de trasladarlle ao presidente a maxia das zoomórficas e antropomórficas rochas deste conxunto de elevacións graníticas que se prolongan durante 2,5 quilómetros de norte a sur, entre os concellos de Vimianzo e Laxe. 

Precisamente a implicación dos Concellos na conservación do espazo é a mellor das novas para confirmar que este Plan si que se vai poder desenvolver. 

Rueda con Victor Santos nos Penedos de Traba e Pasarela
Rueda con Victor Santos nos Penedos de Traba e Pasarela

 

Trátase do primeiro Plan de Xestión aprobado en Galicia para unha Paisaxe Protexida, nado como “instrumento que define os valores a protexer, os posibles riscos na zona e regula as actividades que se poden realizar ou non neste conxunto granítico”. 

Entre as 30 medidas que se van a levar a cabo estará:

  • A plantación de árbores autóctonas.
  • A eliminación de especies invasoras.
  • O inventariado da toponimia e as lendas da zona.
  • A limpeza e conservación dos viarios.
  • A instalación de novos paneis informativos e mellora da sinalización.
  • A creación de estudos sobre os efectos do cambio climático neste espazo.
  • A posta en marcha de visitas guiadas da man dun xeólogo.
  • A elaboración de novo material divulgativo…

Espazo protexido Os Penedos de Pasarela e Traba, declarados paisaxe protexida no ano 2008, conforman un territorio constituído por un conxunto de elevacións graníticas que se prolongan durante 2,5 quilómetros de norte a sur, entre os concellos de Vimianzo e Laxe. O conxunto destaca polo seu valor científico xa que permite coñecer a evolución da paisaxe nesta zona pola súa biodiversidade con presenza de piñeiros, prados, bosques de loureiro, de ribeira e carballeiras.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, acompañado pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visita os Penedos de Pasarela e Traba, con motivo da aprobación do Plan de xestión da paisaxe protexida dos mesmos. Laxe, 13/11/24.

Valoración do BNG de Laxe

Para o BNG de Laxe, esta nova é “un mérito máis da loita social da veciñanza en defensa dun patrimonio natural”. Esa loita, que desde o BNG sempre acompañamos na rúa e nas institucións, vese agora recompensada”, sinalan, lembrando que foi en 2018, co nacionalista Manuel Antelo e co goberno bipartito de Laxe con Xosé Manuel Pose á fronte de Turismo Laxe, cando se conseguíu o compromiso Directora Xeral de Patrimonio Natural, Belén Docampo a elavoar o Plan de Protección.

”Celebramos pois que a Xunta recuara nas súas actuacións previas e que execute por fin o plan que busca a conservación dun espazo natural único e de gran valor paisaxístico, ecolóxico e sobretodo emocional para Traba e todo o concello de Laxe”. Con todo, lembran que “nos orzamentos da Xunta do PP para o 2025 non aparece nin un só euro para os Penedos”.

MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS

ARTIGOS RELACIONADOS

Comentarios