Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Recollen sinaturas para mellorar a atención primaria no Centro de Saúde de Laxe

Colleita sinaturas centro saude laxe
Recollen sinaturas para mellorar a atención primaria no Centro de Saúde de Laxe

Dende finais do pasado mes de xaneiro, unha iniciativa particular vén de acadar sinaturas para canalizar o descontento dos cidadáns do Concello de Laxe coa situación de deterioración da atención do Centro de Saúde. Esta campaña, que comezou coincidindo co venres de feira cunha mesa ubicada entre dito centro e a Casa do Concello, continúa coa colaboración de unha serie de comercios da localidade onde se poden atopar as follas de firmas, como os estancos de Soesto e Laxe e as dúas farmacias da zona, entre outros comercios como a mercería, O Recodo de Antía e a perruquería Azabache.

A día de hoxe, os organizadores calculan arredor de 500 firmas as acadadas e a campaña continúa para seguir loitando contra os recortes na sanidade pública.

Novas sobre recortes.

Comentarios