Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Piden no Parlamento un informe da situación da atención á saúde mental no Hospital de Cee

Hospital Publico Virxe da Xunqueira
Piden no Parlamento un informe da situación da atención á saúde mental no Hospital de Cee

Se este domingo as familias sairán á rúa polo precario servizo de pediatría na atención rpimaria, outro asunto relativo aos recortes en sanidade. É o BNG, tras concentrarse a semana pasada, levou unha serie de iniciativas no Parlamento galego ante a situación.

A realidade é que as veciñas e veciños de Cee e de boa parte da Costa da Morte, levan case dous meses sen poder acudir ao seu psiquiatra con normalidade cando o precisan no Hospital Virxe da Xunqueira. Fan fincapé en que se trata dunha “disciplina médica tan específica, na que a confianza e o seguimento da evolución da doenza é básica”, polo que consideran “inxustificábel é acudir a remendos como é o cubrir unha baixa (xa de longa duración) con dous profesionais que consultan unicamente un día á semana cada un deles, para atender os casos máis graves; para repetir ese patrón á semana seguinte, con dous profesionais distintos”.

Dende o BNG culpan á “incapacidade da Consellería de Sanidade para garantir a cobertura áxil, inmediata e efectiva da baixa médica dun facultativo dese servizo”. Por iso, piden no Parlamento “cubrir de inmediato a baixa do facultativo do servizo de psiquiatría do Hospital Comarcal de Cee” e “aumentar os recursos e o persoal do servizo de psiquiatría do centro”. Así mesmo, piden a presentación dun "informe no prazo de 3 meses sobre a situación da atención á saúde mental da Área Sanitaria: derivacións a CIMs, número de profesionais, persoas que demandan asistencia, listas de espera, tanto para as primeiras consultas como para sucesivas, tempo medio de cada consulta.”

Novas relacionadas

Comentarios