Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Pediatras Xa! a ritmo de Tanxugueiras

pediatras e matronas xa en Muxia
Pediatras Xa! a ritmo de Tanxugueiras

A golpe das Tanxugueiras rimaron esta mañá de domingo as familias de Muxía, de Cee, de Fisterra, de Corcubión, de Dumbría... na convocatoria de nova concentración da  a Asociación Pediatras e Matronas Xa. Cansas de non poder enfermar, de non ver nunca ao mesmo pediatra, saíron á rúa para loitar contra os recortes na atención pediatra.

As pandeiretas venceron ás tixolas no que quería ser unha crúa  "ai lalalala... Non hai pediatra!" rezaba a versión do temazo. Non ten perda!

 

MANIFESTO PLATAFORMA PEDIATRAS E MATRONAS XA NA COSTA DA MORTE

Vanessa Viquendi liderando a concentracion
A presidenta da Asociación, a fisterrá Vanessa Viquendi, presentou o evento e foron Mariana (Dumbría) e Rosalía (Fisterra) as que leron o manifesto

A Asociación Pediatras e Matronas Xa somos un colectivo que solicitamos que o Goberno de Galicia garanta unha sanidade pública de calidade para as crianzas, xóvenes e mulleres a través do acceso a pediatras e matronas en atención primaria.

A precariedade dos servizos de pediatría e matronería nos centros de Atención Primaria da Costa da Morte son unha realidade que se agrava cada día. O modelo de atención real que sufrimos é o seguinte:

  • Falta de profesionais: son varios os centros que non teñen profesionais de atención á infancia como é o caso dos centros de Muxía e Dumbría, que en todo o 2021 estivo máis de 6 meses sen servizo e no 2022 a falta de servizo continua a ser o habitual. Outro exemplo é o caso de Mazaricos, que non ten servicio de matronería, e as usuarias deben solicitar atención ao centro de Muros, a 25 Km de distancia.
  • Falta de especialistas: na maioría dos centros, as crianzas son atendidas por médicos de familia, con ou sen formación en puericultura, e non por pediatras. De igual maneira, é habitual que a atención de enfermería sexa de profesionais non especializad@s en poboación infanto-xuvenil.
  • Horarios de atención moi reducidos: outra práctica estendida é que os profesinais sexan itinerantes, compartindo varios centros, polo que o acceso á súa axenda limítase un moi reducido horario semanal. Isto dificulta enormemente calquera seguemento, que implica que a persoa usuaria se teña que desprazar seguindo o circuito do seu facultativo referente.
  • Falta de cobertura de baixas, vacacións e permisos: este modelo contempla como dinámica habitual desprazar a un/ha profesional que ten que abandoar o seu servizo para cubrir outro ou varios, polo que a desatención muda de lugar ou lugares e agrávase.

As consecuencias inmediatas deste modelo nefasto tradúcense en:

  • Desatención e abandono sanitario; usuari@s itinerantes , que se desprazan a outros centros na procura de atención sanitaria.
  • Prácticas médicas dubidosas e de calidade cuestionalble, que poden derivar en complicacións que se poderían evitar.
  • Incumprimento de revisións e vacinacións das criaturas; falta de seguimento dos embarazos e outros procesos fisiolóxicos das mulleres.
  • Falta de referentes estables, para facer seguimentos de tratamentos e/ou prevención.
  • Sobrecarga d@s profesionáis, que deben acoller axendas de outros centros ou desprazarse a novas localidades.
  • Inexistencia de programas de prevención ou talleres de formación e acompañamento (embarazo, postparto, educación sexual e reproductiva... )
  • Saturación do servizo de urxencia do hospital comarcal (pola inexistencia e/ou a inoperancia dos servizos de primaria).

Somos moit@s @s usuari@s afectad@s que poñemos reclamacións habitualmente para expoñer estos feitos ás xerencias, que deben dar solucións; pedimos reunión coa Conselleria de Saúde (petición que a día de hoxe non foi atendida), recollemos e amosamos públicamente estas situacións nas redes sociais para que a comunidade estea informada e poida unirse; facemos alianzas con outras entidades que tamén reclaman esta atención…

Que máis se debe facer para que se respeten os dereitos básicos?

Esta desprotección sanitaria esténdese por toda Galicia, e son moit@s @s usuari@s afectad@s, provocando desánimo e moito enfado.
E, na Costa da Morte, o abandono sanitario e a mala xestión en atención primaria maniféstase en grado máximo; por iso queremos reclamar o que é noso e non seremos cómplices co noso silencio: Pediatras e matronas XA!

Queremos que atendan ás nosas crianzas XA e con calidade!

Queremos que @s xóvenes e mulleres teñan unha matrona de referencia! Queremos que @s profesionais que nos atenden o fagan en condicions dignas!

A través deste Manifesto instamos ás administracións competentes a que cambien de forma urxente este modelo asistencial de máxima precariedadena atención primaria e mostramos toda a nosa vontade para participar nunha reunión enfocada a acoller e dar resposta a tódolos aspectos recollidos no presente documento.

  • Asdo: Asociación Pediatras e Matronas Xa.

 

NOVAS SOBRE OS RECORTES EN PEDIATRÍA

 

Comentarios