Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rescatan en Laxe a un percebeiro tras caer ao mar

Rescatan en Laxe a un percebeiro tras caer ao mar
Rescate dun percebeiro en Laxe en helicoptero Rescate dun percebeiro en Laxe en helicoptero O helicóptero Helimer 209 rescatou esta tarde a un percebeiro - veciño de Malpica - despois de caer á auga nunha zona de rochas situadas entre a punta Mundiña e a punta Padrón, en Laxe. A vítima foi trasladada en ambulancia ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee cun forte golpe na cabeza ainda que, segundo apuntan os equipos de Emerxencias, permaneceu consciente en todo momento. Un compañeiro que traballa con el deu a voz de alarma sobre as 14 horas de hoxe indicando que os feitos tiveran lugar nun punto de moi difícil acceso. Os bombeiros de Carballo, que se desprazaron ata o lugar, indicaron que era imposible rescatar por terra ao percebeiro, polo que tivo que intervir o Helimer 209. Ata a zona tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O equipo sanitario desa aeronave prestoulle asistencia sanitaria ao home, antes de ser evacuado. [fbvideo link="https://www.facebook.com/suso.pl.9/videos/583347355170772/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Fundamental o Camiño dos Faros

Seguindo informa a Asociación Camiño dos Faros, o GES de Ponteceso deixou clara a importancia de ter os camiños ben abertos para que as intervencións nestes lugares sexan o máis rápidas posibles. "Para nós é básico O Camiño dos Faros. Foino hoxe, que nos permitiu abordar o rescate e chegar ao punto por dous sitios diferentes e foino cando o pescador que caera ao mar en Nariga, porque puidemos peinar a zona perfectamente. Que estean todos esos camiños limpos nos permiten abordar moito mellor todas as emerxencias que surxan na costa. Sempre imos chegar antes. E publica esto coas nosas palabras: Nós necesitamos O Camiño dos Faros". Parece claro que hai 4 anos non poderían chegar por terra tan facilmente, pois non estaría aberto o Camiño. Novas relacionadas Fonte

Comentarios