Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rescatan un mozo na praia de Traba

Rescatan un mozo na praia de Traba
Helicoptero na praia de Laxe Helicoptero na praia de Traba Laxe

Era o día de máis calor do verán en Laxe. Os problemas cos áridos da praia de Laxe case pasaban esquecidos esperando pola manifestación do domingo, e centos de veciños e visitantes ateigaban un dos nosos mellores areais. Ademais, o Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo Xuvenil convertía a zona en punto de mira de toda Galicia.

Pero un susto amargou unha tarde que ía para perfecta. Arredor das 18:30, na veciña praia de Traba, un rapaz tiña que ser rescatado. O mozo estaba na auga con tres amigos que puideron saír polos seus propios medios. Había dúas persoas en apuros a uns 40 metros da beira do mar, pois un fóra arrastrado polas corrientes e o segundo acodiu socorrelo con valente resultado.

Un helicóptero medicalizado con base en Ourense, dous barcos de salvamento e dúas ambulancias achegáronse ao lugar, ademais de Protección Civil. Quedou todo nun susto, afortunadamente, pois omozo finalmente foi trasladado en ambulancia a un centro sanitario, pero ía consciente a pesar dos evidentes síntomas de afogamento.

Colaborou no rescate P.Civil, Policia Local, do 061 a Ambulancia e Helicóptero, Garda Civil do Mar e por terra Cruz Vermella e Salvamento Marino.

Rescate na praia de Laxe Rescate na praia de Traba de Laxe

Día completo para Protección Civil

Bravo día para a xente de Protección Civil de Laxe. Abrían operativo as 7:00 da mañá co Campionato de Salvamento e Socorrismo, no que participaron unhas 400 persoas. Había moito traballo, tanto na organización como nos sevicios de socorrismo. Picaduras, cortes, golpes e demais... cousas habituais.

Pero o susto saltaba ás 19:10h, co aviso de dous posibles afogados na praia de Traba. Compañeiros de P.Civil saen cara Traba e tamén a lancha da Cruz Vermella. Os surfistas que practican na praia de Traba na zona de "O Paio" rescatan a un deles bastante tocado por tragar auga, con claros síntomas de afogamento. É estabilizado dos polos servizos sanitarios.

Non parou susto porque faltaba, teoricamente, o segundo afogado. Non se dá atopado pero despois de mirar moito e preguntar descartase ese segundo afogado o atoparse unha pelota de beibol na zona na cal a xente confundíu con unha persoa.

Non paran, e a fin de samana que vén dispútase o Campionato de España de Salvamento e Socorrismo na praia de Laxe. Mais de 1000 participantes visitarán a zona.

Así estaba onte a veciña praia de Laxe Así estaba onte a veciña praia de Laxe

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios