luns. 23.06.2025
El tiempo

A veciñanza de Serantes pecha o curso cunha gran festa

A veciñanza de Serantes pecha o curso cunha gran festa

É tempo de vacacións e de clausuras. Este sábado foi a clausura dos cursos de baile e música tradicional da Asociación Cultural Adro e o pasado 14 de xuño foi a quenda da veciñanza de Serantes - Laxe - que pechou os cursos da súa escola de música no local da veciñanza. 

Durante o acto, as nenas, nenos, adultos e artistas invitados ofreceron pequenas demostracións do aprendido ao longo do ano nas clases de solfexo, piano e acordeón, guiadas polo mestre Antonio Castro. As interpretacións foron recibidas con entusiasmo polos asistentes, nun ambiente de orgullo e celebración colectiva.

Ao rematar, veciños, familias e alumnado compartiron un pincho de confraternidade, poñendo o broche final a unha xornada festiva que puxo en valor o esforzo e a ilusión de todo o grupo.

Desde a Asociación de Veciños de Serantes, organizadora da actividade, agradecen o compromiso do alumnado, das familias e do mestre Antonio, así como o apoio continuado á escola de música como espazo de aprendizaxe e convivencia.

Comentarios